Blogia
María Jesús

Traballo tema 1 CMC - Estrutura do Universo

ESTRUTURA DO UNIVERSO

No Universo observado podemos atopar miles de millóns de estrelas agrupadas en galaxias. Os científicos afirman que unicamente coñecemos unha pequena parte do Universo estruturado en diferentes componentes.

  • Compoñentes e estrutura das galaxias:

Nunha galaxia podemos atopar diferentes estruturas como os cúmulos estelares, os sistemas estelares múltiples e as nebulosas.

Ø Cúmulos estelares: Son grupos de estrelas atraídos pola súa propia gravidade. En cada galaxia podemos atopar centos de cúmulos estelares.

Ø Sistemas estelares múltiples: Son sistemas formados por grupos de dúas, tres ou máis estrelas que xiran en torno a un centro común (unidas pola gravidade). Os sistemas de máis de tres estrelas poden ser inestables, por iso son máis comúns os sistemas binarios.

Ø Nebulosas: Son lugares onde se forman as estrelas e están constituídas por helio (He), hidróxeno (H) e pó interestelar. Poden ser restos dunha estrela que morreu.

  • Agrupación de galaxias:

As galaxias son acumulacións de estrelas, gases e pó que segundo a súa forma poden estar clasificadas de diferentes maneiras. No Universo, hai centenares de miles de millóns de galaxias e dentro delas o centro é o que contén a maioría das estrelas. Cada corpo xira debido a atracción dos demais e tamén existe un movemento maior que fai que os componentes da dita galaxia xiren arredor do seu centro.

Ø Cúmulos: As agrupacións de galaxias forman os denominados cúmulos galácticos, poden chegar a conter miles de galaxias. Estos cúmulos non están distribuidos de forma uniforme no Universo. Atópanse dispostos en longos filamentos fibrosos con forma de lazo separados por grandes baleiros. Un exemplo deste é a Gran Muralla, filamento descuberto en 1989 que ocupa un espazo de máis de 500 millóns de anos luz.

Ø Supercúmulos: Son agrupacións de cúmulos de galaxias que forman unhas das estruturas máis grandes do Universo contando algúns destes con millóns e millóns de anos luz de diámetro. Non podemos dicir que existan cúmulos de supercúmulos aínda que si hai un gran debate no que se refire a estruturas aínda maiores que estes supercúmulos. Como exemplo dun supercúmulo cercano temos o Supercúmulo Local formado por o cúmulo local coa nosa galaxia, a Vía Láctea e o cúmulo de Virgo.

  • Universo esponxoso:

       O Universo ten unha estrutura esponxosa que non é estática, senón que se vai movendo a medida que o Universo se expande e á súa vez tamén  vén producido polo movemento dos compoñentes do mesmo como galaxias, estrelas… hacia adiante e hacia atrás.

     Se vamos máis alá do punto de vista físico e observamos o Universo falando en términos xeométricos, non podemos afirmar que a súa estrutura sexa realmente esponjosa.

  • Estrelas:

Corpo celeste que brilla no ceo con luz propia. É unha gran masa gaseosa de forma casi esférica que xera enerxía no seu interior por reaccións termonucleares. Están compostas fundamentalmente por H e He. Podemos clasificalas tendo en conta diferentes aspectos.

Ø Formación dunha estrela tipo Sol: As estrelas fórmanse en zonas densas das nebulosas como consecuencia da compresión do gas e do pó, ou pola explosión dunha supernova.

Ø Criterios para a clasificación dunha estrela: Podemos clasificar as estrelas tendo en conta a súa gravitación, o seu tamaño, o seu espectro e a súa luminosidade.

Ø Posibles evolucións dunha estrela: As estrelas evolucionan durante millóns de anos. Chamamos evolución estelar ao conxunto de cambios que experimenta unha estrela dende que nace ata que morre.

Comeza sendo unha xigante vermella que despois de un proceso no seu núcleo e de millóns de anos que oscilan dependendo do tipo de estrela pasa a ser unha superxigante amarela, que é unha fase moi curta polo que se coñecen moi poucas estrelas dentro desta categoría. Atopámola entre a xigante vermella e a supernova que é maneira que teñen algunhas estrelas de perecer; pero este fenómeno non significa o final da estrela, xa que deixa un remanente en forma de enana negra (consecuencia do consumo nuclear de combustible da enana blanca) ou de burato negro (rexión do espazo-tempo provocada por unha gran concentración de masa no seu interior).

  • Estrelas como fábricas de elementos químicos:

O 97% do Universo está formado por hidróxeno, o 2% por helio e o resto por outros elementos, que son formados nas estrelas mediante un proceso de fusión (rotura do núcleo dos átomos) no centro das mesmas.

 

Traballo realizado por:

- María Jesús Aguiar Pazos, nº 1

- Claudia Cid Nieto, nº 9

      - Lara Salgado Santos, nº 25

Estrutura do Universo
View SlideShare presentation or Upload your own. (tags: negro agujero)

0 comentarios