Blogia
María Jesús

Traballo individual (tectónica de placas)

 

ORIXE E EVOLUCIÓN DA TERRA

 

    Formación da parte sólida, da parte líquida e orixe e evolución da atmosfera:Despois dun tempo no que a Terra era unha masa incandescente as capas exteriores comezaron a solidificarse, pero o calor volviaas fundir. Finalmente a temperatura baixou o suficiente para permitir a formación de codia terrestre estable. Ao omezo esta codia non contaba con atmosfera polo que recibía moitos impactos de meteoritos. A actividade volcánica era moi intensa o que significaba que grandes masas de lava saisen o exterior e se solidificasen aumentando deste xeito a codia.

Esta actividade dos volcáns xerou unha gran cantidade de gases que acabaron formando unha capa sobre a terra á que algúns autores lle chaman Atmosfera I. A composición desta atmosfera era moi distinta á da actual, pero foi a primeira capa protectora que permitíu a aparición de auga líquida. As primeiras choivas xeráronse grazas as erupción volcánicas a partir do osíxeno e do hidróxeno que xeraba o vapor de auga. Este vapor ao ascender a atmosfera condensábase dando orixe as primeiras choivas. Ao cabo dun tempo, coas temperaturas da codia máis baixas, a auga das precipitación puidose manter nas zonas máis profundas da codia dando lugar ós primeiros océanos e mares.

 

     Capas da Terra da parte sólida:     

 

CAPA INTERNA

EXPESOR APROXIMADO

ESTADO FÍSICO

Codia

7_70 km

Sólido

Manto Superior

650_670 km

Plástico

Manto Inferior

2.230 km

Sólido

Núcleo Externo

2.220 km

Líquido

Núcleo Interno

1.250 km

Sólido

       

     

      

      

     Un pouco da historia da Terra:A Terra que hoxe coñecemos ten un aspecto moi distinto o que tiña despois do seu nacemento hai uns 4.500 anos. Dicen os sientíficos que hai uns 1.500 anos prodúxose unha gran explosión chamada Big Ban, a forza desta explosión expandíu a materia en todas as direccións a unha velocidade case coma a da luz. A medida que se alexaba do centro esta materia ía perdendo forza.

Canto máis antigo é o periodo que se quere estudar e analizar máis dificultades se van atopar, xa que co paso do tempo a erosión e os distintos cambios foron borrando as posibles señais.

 

TECTÓNICA DE PLACAS

    Concepto: É unha estructura xeolóxica que explica a forma na que está estructurada a litosfera (porción externa máis fría e ríxida da Terra). Esta teoria explica os desprazamentos que se observan entre as placas e o seu movento sobre o manto terrestre. Tamén nos explica a formación das cadeas montañosas e porque os terremotos e os volcáns se concentran en zonas específicas da Terra (Ex: o cinturón de fogo do pacífico).

 

    Límites: A maior actividade tectónica preséntase no bordo das placas xa que é onde se produce a interación entre placas. Hai tres clases de límites.

      Límite diverxente: dase cando as placas se separan unhas das outras e o magma emerxe desde rexións máis profundas (Ex: dorsal mesoatlántica formada pola separación das placas de Eurasia e Norteamérica das de África e Sudamérica).

   Límite converxente: prodúcese cando chocan dúas placas oceánicas ou unha placa oceánica contra unha continental.

   a) Cando o choque é entre dúas placas continentais da lugar a formación de extensas cordilleiras creando un bordo de obdución (Ex: o Himalaia que é o resultado da colisión entre a placa Indoaustraliana e a Euroasiática).

   b) Cando chocan unha placa oceánica e outra continental, a placa oceánica é empuxada debaixo da continental formando unha zona de subdución.      Límite transformante: dase cando os bordos das placas se deslizan un con respeto o outro (Ex: Falla de San Andrés no oeste de Norteamérica).

         Ciclo de Wilson: Comeza coa fragmentación dun continente debido a acción dun punto quente, este punto puidose formar debido a unha “mala ventilación” debaixo dos continentes. Nese lugar producese a fragmentación da Litosfera e da lugar a aparición dun rift que irá evolucionando ata convertirse nun océano. Os continentes que se atopen ó lado dun rift quedarán como costas sen actividade sísmica nas que se producirá unha importante sedimentación. Cando a codia estea o suficientemente fría despois de irse alonxando da dorsal e facéndose cada vez máis ríxida, romperase e comezará a subdución na parte máis cercana o continente porque é a máis débil. Fórmase así unha fosa na que se destrúe a codia oceánica. Se parte da fosa se crea sobre a codia continental o océano tenderá a cerrarse, fracturando o bordo do continente. Este acaba cicatrizando e aparecerá sobre o continente un novo punto quente que o volverá a romper.

Segundo este esquema arredor dun continente antigo iranse fusionando ademais doutros continentes rochas preocedentes da corteza oceánica máis moderna.

Na actualidade os puntos máis quentes e activos están nas Canarias, en Cabo Verde e no parque de Yelowstone...

O principal problema é que non resolve a teoria é como se producen as correntes convectivas, cales son as irregularidades no manto e no núcleo que permite que un determinado punto de temperatura sea maior (ou menor) que o seu entorno.

 

Traballo realizado por:

María Jesús Aguiar Pazos    nº1

0 comentarios